Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver

001 Solicitude de alta con usuario e contrasinal na Sede

Determinados servizos electrónicos da Sede requiren a identificación a previa do/a usuario/a mediante o uso de certificado electrónico ou de clave de acceso.

Esta clave pódese solicitar identificándose na sede co certificado electrónico ou, presencialmente, presentando o formulario de alta no rexistro xeral do Concello tal e como se indica a continuación

Este procedemento resérvase exclusivamente para as persoas físicas que actúan en nome propio. As persoas xurídicas só poderán acceder á parte privada da sede mediante o certificado electrónico.

PRESENCIALMENTE

Sen certificado electrónico:

Deberá cumprimentar o formulario de solicitude de acceso e presentalo na oficina do rexistro xeral do Concello. Posteriormente entregaráselle a clave ao presentar á/ao interesada/o o seu DNI orixinal.

Rexistro Xeral

Enderezo: Praza de Ravella, 1 CP 36600

Tel: 986 099 200

Fax: 986 501 109

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Posteriormente, neste caso, deberá achegarse persoalmente á oficina de rexistro do Concello co DNI orixinal para que lle entreguen a súa clave.

Esta clave de acceso poderase cambiar na propia sede electrónica en calquera momento, editando a "carpeta persoal" dentro do apartado "as miñas xestións".

Cando se presente na oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave de acceso deberá presentar o DNI orixinal.

As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:

Para acceder aos contidos públicos:

- Directamente sen identificarse

Para acceder á parte privada que contén información persoal pódense usar calquera destas dúas modalidades indistintamente:

- Identificándose con certificado electrónico

- Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).


Volver