Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

003 Queixas e Suxestións

Procedemento para a presentación de reclamacións e suxestións por parte dos veciños e das veciñas.

1) Considéranse suxestións aquelas iniciativas presentadas ou expostas pola veciñanza, en senso amplo, orientadas a mellorar os servizos do Concello, e das entidades dependentes do mesmo, tanto no ámbito organizativo como no funcional.

2) Considéranse reclamacións as queixas presentadas pola veciñanza, en senso amplo, polas que se pon en coñecemento do Concello as deficiencias e o mal funcionamento dos servizos municipais.


As reclamacións e suxestións deberán de referirse a actividades ou servizos de competencia municipal e non serán admitidas a trámite as suxestións e reclamacións por non ter tal consideración:

a) As presentadas de forma anónima, ou sen acreditar a verdadeira identidade de quen as presenta.

b) As solicitudes de información.

c) As comunicacións de incidencias ou accións sucedidas nun tempo e lugar determinado.

d) As incidencias, partes, informes, etc. efectuados polos propios servizos municipais.

e) As reclamacións do persoal do Concello respecto a súa particular relación de servizo coa Administración Municipal.

f) Os recursos administrativos contra actos municipais.

g) As alegacións presentadas durante o período de información pública en determinados procedementos.

h) As solicitudes dos interesados que pretendan o recoñecemento dun particular e concreto dereito.

3) As reclamacións e suxestións non terán en ningún caso a cualificación de solicitudes en demanda de dereitos subxectivos, nin de recurso ordinario e a súa presentación non interromperá os prazos establecidos para resolver un determinado procedemento.

1) Terán dereito a presentar suxestións e reclamacións todos os veciños, veciñas e as persoas físicas vinculadas co Concello a través de relacións tributarias de carácter periódico, así como aquelas persoas xurídicas que teñan un establecemento permanente no termo municipal.

2) Tamén estarán lexitimados para presentar reclamacións as persoas físicas ou xurídicas, non residentes no Concello, que teñan interese lexítimo en procedementos administrativos relacionados co obxecto da reclamación.

PRESENCIALMENTE

O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRONICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán achegarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves  de usuario/a e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.


Volver
Rexistro electrónico