Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello
Volver
Rexistro electrónico

Recurso sanción tráfico

Se non está conforme coa resolución sancionadora do expediente incoado por infrinxir as normas de tráfico, poderá interpoñer un recurso de reposición, de carácter potestativo, dentro do prazo dun mes tras o momento en que se considera notificada a resolución sancionadora.

A presentación do recurso de reposición ten carácter potestativo, podendo non presentarse e acudir á interposición dun recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo en cuxa circunscripción teña o seu domicilio, ou se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, a elección do propio recurrente, de acordo co disposto no art. 8 nº 3, en relación co art. 14 nº 1 segunda, ambos da Lei 28/1998 de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte á notificación da resolución.

Ao conductor-infractor.

PRESENCIALMENTE

O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRÓNICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán adxuntarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves  de usuario e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.


Volver
Rexistro electrónico