Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello

Verificación dos certificados da Sede

Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións da cidadanía se realizan a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.

Na Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, o art.10.3 determina que deberá garantirse a identificación do titular da sede e o art.10.4 establece que as sedes electrónicas disporán de sistemas que permitan o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.

Para cumprir estes requisitos legais a sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa está dotada dun certificado de identidade do seu servidor web. Ese certificado permite:

  • Identificar o portal https://sede.vilagarcia.gal como a sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa.
  • Garantir a comunicación segura. Toda a información intercambiada entre calquera persoa que acceda á sede e a propia sede é cifrada.