Sede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | ConcelloSede Electrónica | Concello

Facturas electrónicas

Para presentar unha factura electrónica dirixida ao Concello deberase acceder ó Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas premendo no seguinte enlace:

FACe












Información sobre o servizo:

Quen está obrigado a presentar factura electrónica?

A obriga de emitir factura electrónica afecta segundo o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público (LFE) a:

  • Sociedades anónimas;
  • Sociedades de responsabilidade limitada;
  • Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria;
  • Unións temporais de empresas;
  • Agrupación de interese económico, Agrupación de interese económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital de risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.

A partir do 15 de xaneiro de 2015 as facturas que, debendo emitirse electronicamente fosen recibidas en papel non poderán ser tramitadas e devolveranse ao correspondente provedor para proceder á súa emisión vía electrónica. As facturas serán remitidas a través do Punto de entrada de facturas do Estado FACe (segundo os artigos 6 e 11 da Disposición adicional quinta da LFE). A URL do punto de acceso de facturas é: https://face.gob.es/#/es. Pódese acceder premendo no enlace desta páxina.

Consulta do estado de tramitación da factura

De conformidade co artigo 6.3 la LFE dende o punto xeral de entrada de facturas FACe permítese así mesmo consultar, por parte do provedor o estado de tramitación da factura.

Como emitir unha factura electrónica?

Para os provedores que non dispoñan de programas informáticos adaptados, o Ministerio de Industria, Enerxía y Turismo facilita un programa informático gratuíto de emisión de facturas en formato facturae, que cumpre todos os requisitos establecidos e que se pode descargar na mesma páxina web de FACe https://face.gob.es/#/es