headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

50003 Programa de ayudas municipales para la creación de empresas

As presentes bases teñen por finalidade convocar o PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS no ámbito do Concello de Vilagarcía de Arousa para o exercicio 2021.

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos iniciais de posta en marcha da actividade.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na lei 9/2007 de 13 de xuño de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa preciso realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da presente lei.

Poderán acollerse a estas axudas as/os empresarias/os individuais e as micropemes segundo a definición establecida no ANEXO I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea, independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 31 de outubro de 2020 e o 30 de outubro de 2021(entendendo por inicio da actividade a data de alta no I.A.E.)

Requisitos dos Beneficiarios

- Que a empresa estea radicada no concello de Vilagarcía de Arousa

- Que sexan empresas de nova creación, considerando incluídos neste concepto os traspasos de negocio, exceptuando aqueles traspasos que se realicen entre cónxuxes, parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao inclusive, así como as transformacións de forma xurídica.

- Inclúense no ámbito subvencionable os supostos en que se teña producido o relevo xeracional por xubilación e/ou falecemento do titular, mediante a transmisión do negocio aos cónxuxes ou parellas de feito e familiares por consanguinidade, afinidade ou adopción, ate o segundo grao inclusive, así como a empregados do negocio.

- Que, como mínimo, unha das persoas promotoras estea en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial, e crear alomenos o seu propio posto de traballo en calquera das formas xurídicas existentes.

Esta circunstancia de estar en situación de desemprego non será exixible no suposto de relevo xeracional, cando a transmisión sexa a empregados do negocio.

- Non ter débedas, nin a empresa nin as persoas socias, coa Seguridade Social, Facenda da CA e a AEAT.

- Non ter débedas, nin a empresa nin as persoas socias, co Concello de Vilagarcía de Arousa.

- Non poderán obter a condición de beneficiarias/os, as/os empresarias/os e as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 parágrafos 2 e 3 da lei de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións.

Os prazos de presentación de solicitudes son os que se indican a continuación ou ata esgotar o orzamento e contaranse a partir do día seguinte á data de publicación das presentes bases no BOPPO

O prazo de presentación de solicitudes para as empresas que iniciaran a súa actividade entre o 31 de outubro e o 31 de decembro de 2020 será ata o 30 de setembro de 2021

O prazo de presentación de solicitudes para as empresas que iniciaran a súa actividade entre o 1 de xaneiro e o 30 de outubro de 2020, será ate o 30 de outubro de 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 14.2 e 3 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as solicitudes de axuda reguladas na presente convocatoria serán presentadas telemáticamente a través da sede electrónica do Concello de Vilagarcía a través  do formulario de solicitude 50003 e anexos normalizados que estarán dispoñibles no enlace seguinte (sede.vilagarcia.gal/catálogo de procedementos/desenvolvemento local/50003)

Xunto co formulario de solicitude e anexos debidamente cumprimentados, deberá anexarse a seguinte documentación:

1.    Certificados de acharse ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, Facenda e AEAT. No caso de sociedades mercantís deberán aportar os relativos ás/aos socios e á sociedade.

2.    Alta no correspondente réxime de Seguridade Social

3.    Vida laboral das/os traballadores que creen os seus propios postos de traballo

4.    Alta no IAE da/o empresaria/o individual ou empresa que solicita axuda

5.    Solicitude de licenza de apertura, licenza de obras ou comunicación previa de inicio de actividade cando for necesario para o desenvolvemento da mesma.

6.    De ser o caso, escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil

7.    Facturas correspondentes aos gastos para os que se solicitou a subvención. As facturas deberán conter os requisitos establecidos no Real Decreto 1619/2012

8.    No caso de facturas referentes a aluguer de locais, deberá presentar, xunto coa factura, o correspondente contrato de aluguer.

9.    No caso de facturas referentes ao pago de seguros, deberá presentar, xunto coa factura, póliza dos mesmos.

10.  Documentos bancarios de aboamento das facturas presentadas

11.  Documento acreditativo do aboamento de taxas administrativas ( Publicación en boletíns oficiais, inscrición en BORM, Rexistro de patentes…) relativas ao inicio da actividade  indicando a contía aboada cando se solicite subvención por este concepto.


Volver
Tramitar en liña