headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

07004 Solicitude axudas munipais a proxectos de actuacións preventivas e/ou obra forestal destinadas á prevención e defensa contra incendios e protección de montes

A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa e convocar a concesión, para o ano 2021 de  AXUDAS  A PROXECTOS DE ACTUACIÓNS PREVENTIVAS E/OU OBRA FORESTAL DESTINADAS Á PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS E PROTECCIÓN DOS MONTES no ámbito do Concello de Vilagarcía de Arousa, coa finalidade de colaborar dunha forma activa na protección dos montes do municipio apoiando a posta en marcha de proxectos forestais que persigan a finalidade de defensa e protección do monte contra os incendios forestais.

Poderán acollerse a estas axudas as mancomunidades e comunidades de montes en man común, que sexan propietarias de parcelas de monte no termo municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Nos supostos de actuación mediante representante, consonte establece o art. 5 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación ostentada mediante documento público ou calquera outro medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna do seu outorgamento ou mediante comparecencia persoal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOPPO de Pontevedra.

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo de solicitude que estará dispoñibles para a súa cumprimentación e descarga no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal), presentaranse por vía telemática en cumprimento do disposto no artigo 14.2 e 3 da lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Código de procedemento:Medio ambiente 07004

Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:

         Memoria xustificativa do proxecto que se queira subvencionar.

         NIF da entidade.

Volver
Tramitar en liña