headerheader-400header-800
Volver

50002 Programa de axudas municipais para á contratación por conta allea

O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións no exercicio 2021, para o fomento e mantemento do emprego por conta allea persoas empadroadas no municipio (con antigüidade mínima de un ano no padrón no momento de iniciarse a contratación), contratadas a tempo completo (en calquera das modalidades contractuais vixentes), cunha duración mínima de seis meses, formalizados entre o 1 de decembro de 2020 e 30 de setembro de 2021

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas, que formalicen, para prestar servizos nas mesmas, contratos por conta allea con traballadores e traballadoras desempregados nos termos indicados na Base Primeira, nas que non concorran, en xeral, as circunstancias excluíntes sinaladas na Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Poderán ser obxecto de subvención, os contratos laborais seguintes:

  • Contratos indefinidos, que teñen por finalidade elevar o nivel do emprego estable e de calidade, fomentando a creación de postos de traballo ligados por contratos de natureza indefinida.
  • Conversións de contratos temporais/duración determinada en indefinidos, cuxa finalidade é fomentar a estabilidade no emprego a través do apoio á conversión de contratos temporais/de duración determinada en indefinidos.
  • Contratos de obra ou servizo e outras modalidades contractuais de carácter temporal ou duración determinada, a duración mínima inicial destes contratos será de 6 meses.
  • Poren, poderá ser obxecto de subvención a prórroga dun contrato de duración inferior a seis meses, en vigor á data de publicación da convocatoria, sempre que a devandita prórroga, sexa por tempo mínimo de seis meses.
  •   Nos contratos de obra ou servizo deberá certificarse unha duración temporal mínima por ese tempo.

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo normalizado (Anexo I), presentaranse TELEMÁTICAMENTE nos termos que establece a lei 39/2015 de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa (sede.vilagarcia.gal) Código de procedemento 50002_ Programa de axudas á contratación por conta allea.

As solicitudes dirixiranse á Concellería de Promoción Económica debendo ir acompañadas da seguinte documentación:

1.     Anexo I. Solicitude en modelo normalizado.

2.     Certificación de titularidade da conta bancaria que consta na solicitude de subvención

3.     De actuar por medio de representante, documento que acredite a representación nos termos do artigo 5 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

4.     Certificado  de IAE da empresa

5.     NIF/DNI da empresa/empresario/a individual solicitante da axuda e, no seu caso, copia do contrato/escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil

6.     Certificados de que a empresa  solicitante esta ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda e a AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria)

7.     Vida laboral da empresa expedida pola TGSS (dos CCC existentes) relativa aos 6 meses anteriores á contratación ou transformación de contrato temporal en  indefinido.

8.     Documento/s acreditativos da antigüidade da empresa e do  número de traballadores da mesma

9.     Copia do contrato de traballo e comunicación á oficina do SPEG correspondente da contratación ou transformación obxecto de solicitude de subvención, con constancia expresa da situación do centro de traballo nas comarcas Salnés/Caldas ou de ser o caso, no Concello de Vilagarcía.

10.  Solicitude de licenza de apertura, licenza de obras ou comunicación previa cando sexa necesario para o desenvolvemento da actividade.

11.  DNI/NIF do/s  traballador/as contratado/as

12.  Certificado de empadroamento do traballador/a contratado.

13.  Vida laboral do traballador/a contratado/a

14.  Certificación de períodos de inscrición como demandante de emprego do traballador/a contratado/a

15. Nos casos de atoparse nas situacións da Base terceira, Apartado Primeiro e segundo a situación que se pretenda acreditar:

Punto1.-Certificado ou diploma acreditativo da formación comprensivo dos contidos da mesma e indicación, en caso necesario, da relación coa ocupación.

Punto 2.- Acreditación mediante vida laboral de empresa e traballador respectivamente.

Puntos 3 e 5.- DNI dos traballadores/as contratados/as

Punto 4.- Resolución vixente da acreditación da discapacidade e do seu grao.

Punto 6.- Mediante orde de protección a favor da vítima, resolución xudicial, auto ou sentenza que acredite tal situación ou fixe medidas de protección, e excepcionalmente, mediante informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero, ata tanto se dite a orde de protección.

Punto 7.- Acreditación mediante vida laboral do traballador

  1. No caso de atoparse nas situacións da Base terceira, Apartado Segundo : Documentación acreditativa de que a empresa ten Centro de Traballo no Concello de Vilagarcía de Arousa

No caso de dúbida sobre a documentación presentada, será a Comisión de Valoración integrada polos servizos técnicos e xurídicos do Concello, quen decida.


Volver