headerheader-400header-800
Volver

50001 Incentivos a contratación temporal por conta allea das persoas participantes dos obradoiros duais de emprego

1. Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria 2022 de axudas e subvencións a talleres duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

2. A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses.

3. A xornada da contratación temporal será a tempo completo

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación, as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.

A actividade da empresa deberá estar directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e contratar  traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos talleres duais de emprego.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai a aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigacións que, como beneficiaria, correspóndanlle á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

1. As solicitudes de axudas polas contratacións obxecto de subvención deberán presentarse no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do extracto das bases no BOPPO a través da BDNS. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

a. Copia do DNI, NIE ou NIF da empresa, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.

b. Declaración do persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria.

c. Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.


Volver