headerheader-400header-800
Volver

50005 Mercado de Nadal 2022

O obxecto das presentes bases é a regulación do funcionamento e outorgamento das autorizacións para o exercicio da actividade de venda, con motivo do Mercado de Nadal 2022 organizado polo Concello de Vilagarcía durante o período comprendido entre o 2 de decembro de 2022 e o 1 de xaneiro de 2023.

Artesanos, comerciantes, hosteleros e dedicadas al comercio de productos relacionados con la Navidad.

O Mercado de Nadal instalarase previsiblemente, sempre que as circunstancias o permitan, na contorna da Praza da II República.

Estará formado, en principio, por 16 postos de venda, que se poñen a disposición mediante 16 casetas de madeira de 5 m2 cada unha, que incorporan ventás convertibles en  mostradores.

Cada caseta estará dotada de iluminación independente e subministro de electricidade que será de cargo do Concello, así como dos elementos mínimos precisos para a exhibición dos produtos, sen prexuízo de que cada vendedor utilice os elementos expositores máis axeitados ás características da súa actividade, que serán supervisados pola organización e que correrán ao exclusivo cargo do vendedor.

Reservaranse un mínimo de postos para actividade de hostalería, que deberán ofertar, entre outros, bebidas quentes (Chocolate, infusións e cafés…) con inspiración de Nadal e/ou doces tradicionais para consumo in situ.

Farase unha reserva dalgún posto de venda para ONGs, fundacións ou outras entidades radicadas no Concello de Vilagarcía, dedicadas a fins sociais e sen fin de lucro.

Os postos de venda, asignaranse de acordo coa distribución que determine o Concello e ocuparanse os postos asignados, con rigorosa suxeición á normativa que regule a venda dos produtos obxecto de comercializació

No caso de alimentos, especialmente dos elaborados artesanalmente,  estes deberán contar co rexistro sanitario correspondente a cada produto obxecto de venda; as persoas que exerzan a actividade deberán dispoñer do correspondente carné de manipulador de alimentos e cumprir coa normativa en materia de Hixiene e Seguridade alimentaria que afecte ao seu produto e/ou actividade, así como aos instrumentos utilizados para a súa elaboración. Defínense como alimentos artesáns os tradicionais no período de Nadal (turróns, polvoróns, mazapáns….)

A autorización de venda, de acordo co establecido nas presentes bases, non prexulga calquera outra autorización ou licenza que sexa preceptiva.

As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía a través dos medios telemáticos habilitados no portal web https://sede.vilagarcia.gal (procedemento/formulario de solicitude: 50005) ou a través do Rexistro oficial de calquera outra administración, neste último caso o solicitante deberá comunicar, na mesma data na que presente a súa solicitude mediante correo electrónico remitido á dirección tle@vilagarcia.gal, a presentación da devandita solicitude.

As soliciitudes poderán achegarse ata as 00:00 horas do día 1 de xaneiro de 2023, de acordo cos modelos que se publicarán como  (ANEXOS).

Só poderá presentarse unha solicitude por cada interesado o que dará opción a un único posto de venda, sen que sexa posible usar a persoas físicas ou xurídicas interpostas para optar a máis dun posto.

No caso de que se solicite máis dun posto, só se atenderá á primeira solicitude que conste no rexistro municipal, desestimándose o resto de solicitudes achegadas.

- Información telefónica: 986099200 ext. 218/219

- Mail: tle@vilagarcia.gal; jquintans@vilagarcia.gal

DOCUMENTACIÓN A APORTAR.

a) Formulario de solicitude debidamente cuberto e asinado

b) Fotocopia do DNI/CIF/NIE. No caso de persoas xurídicas, deberá achegar ademais a copia dos seus estatutos e a acreditación da representación da persoa que formula a solicitude.

c) Memoria declarativa dos produtos obxecto da venda na que se detalle a orixe dos produtos e procedemento de elaboración no caso de produtos artesanais, tamén achegarase soporte gráfico dos produtos obxecto de venda.


Volver