headerheader-400header-800
Volver

30007 SOLICITUDE INSCRICIÓN ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS PARA ADULTOS 1º CURSO, TEMPADA 2024/2025

A Fundación de Deportes, oferta dous programas de actividades físico deportivas para adultos, dirixidas a dous sectores poboacionais:

  • PROGRAMA ACTIVOMAIORMENTE, dirixido a persoas maiores de 65 anos.

Obxectivos: O mantemento da condidición física e dos aspectos cognitivos sensibles de alterarse a o longo do proceso de envellecemento, a socialización e o mantemento da autonomía durante o maior tempo posible.

Actividade físico-deportiva: XIMNASIA FUNCIONAL.

Días e horarios: indicados na solicitude de inscrición

Grupos: mínimo 10 máximo 25

  • PROGRAMA VILAGARCÍA ENFORMA, dirixido a persoas adultos/as autónomas.

Obxectivos: A mellora e mantemento da condición física, benestar psíquico e da saúde en xeral.

Actividade físico-deportivas: XIMNASIA DE MANTEMENTO, PILATES, IOGA, XIMNASIA ACUÁTICA, AERÓBIC E ESTIRAMENTO-RELAXACIÓN.

Días e horarios: indicados na solicitude de inscrición.

Grupos: mínimo 10 máximo 25

PROGRAMA ACTIVOMAIORMENTE dirixido a persoas maiores de 65 anos.

PROGRAMA VILAGARCÍA ENFORMA, dirixido á poboación adulta ata 65 anos

A través da Sede Eléctronica, na dirección https://sede. vilagarcia. gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30007.

As solicitudes para inscribirse nass diferentes actividades físico-deportivas para adultos, curso 2024 - 2025 realizaranse no modelo normalizado que deberá ir acompañado da seguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI da persoa inscrita.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

c) Anexo II: Cuestionario Par-q

II. PARA BONIFICACIÓN DO PRECIO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se atopa a persoa solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

b) Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, certificados do INEM e S.S.)


Volver