headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30008 ESCOLA MULTIDEPORTIVA DE VERÁN

A Escola Multideportiva de verán ofertada pola Fundación de Deportes, é unha actividade lúdico-deportiva que axuda ao desenvolvemento integral dos nenos/as, mellorando a súa condición física, favorecendo a socialización, a ocupación do tempo de ocio, así como o fomento de hábitos de vida saudables, mediante o xogo. Entre as actividades programadas semanalmente están os xogos e deportes cooperativos, xogos e deportes con implementos, xogos de deportes alternativos, a miniolimpiada, semana do deporte e mobilidade, xogos tradicionais e xogos de orientación no medio natural.

Días e horario: do 4 de xullo ao 26 agosto de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas.

Instalacións deportivas: Recinto Fexdega, pista de atletismo, pistas de tenis, praia Compostela, diferentes parques do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Prazas ofertadas: 60

O custo de cada escola será o que establece o Acordo Regulador Nº III.5: Escola Multidepotiva de Verán 12,00 € un més ou 18,00 € dous meses.

Exceptuando as seguintes situacións:

-      Estarán exentos do pago aqueles solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor.

-      Terán a reducción do 100% da tarifa aqueles que teñan ingesos inferiores ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso (579,02 €) calculado pola renta per cápita.

-      Terán a reducción do 25% as familias numerosas (deben presentar fotocopia do título desta condición).

A idade dos alumnos/as para a participación nas Escolas Multideportica de verán será a para os nenos e nenas nados/as entre os anos 2008-2015 (ambos inclusive).

A través da Sede Eléctronica, na dirección https://sede. vilagarcia. gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30005.

PRAZO DE INSCRICIÓN EXTRAORDINARIO:

DESDE O DÍA 4 DE JULLO ATA CUBRIR AS PRAZAS OFERTADAS

As solicitudes para inscribirse nas Escolas Municipais de Navegación realizaránse nos modelos normalizados que deberán ir acompañados da siguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou folla do Libro de familia do neno/a inscrito.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

  • Fotocopia do Carné da Fundación de Deportes en vigor.
  • Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S.)
  • Fotocopia do título de familia numerosa

Volver
Tramitar en liña