headerheader-400header-800
Volver

30008 ESCOLA MULTIDEPORTIVA DE VERÁN

A Fundación de Deportes oferta para o período estival as Escola Multideportiva de verán, 2023 co obxetivo de facilitar o acceso a práctica deportiva de tódolos nenos e nenas. É unha actividade lúdico-deportiva que axuda ao desenvolvemento integral dos nenos/as, mellorando a súa condición física, favorecendo a socialización, a ocupación do tempo de ocio, así como o fomento de hábitos de vida saudables, mediante o xogo. Entre as actividades programadas semanalmente están os xogos e deportes cooperativos, xogos e deportes con implementos, xogos de deportes alternativos, a miniolimpiada, semana do deporte e mobilidade, xogos tradicionais e xogos de orientación no medio natural.

Días e horario: do 3 de xullo ao 25 agosto de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas.

Instalacións deportivas: Recinto Fexdega, pista de atletismo, pistas de tenis, praia Compostela, diferentes parques do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Prazas ofertadas: 60

O custo de cada escola será o que establece o Acordo Regulador Nº III.5: Escola Multidepotiva de Verán 12,00 € un més ou 18,00 € dous meses.

Exceptuando as seguintes situacións:

-      Estarán exentos do pago aqueles solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor.

-      Terán a reducción do 100% da tarifa aqueles que teñan ingesos inferiores ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso (600,00 €) calculado pola renta per cápita.

-      Terán a reducción do 25% as familias numerosas (deben presentar fotocopia do título desta condición).

A nenos e nenas nados/as entre os anos 2007-2015 (ambos inclusive).

Do 1 ao 26 de xuño de 2023 a través da Sede Electrónica, no enderezo https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos Escolas Deportivas de Navegación, catálogo 30008

As solicitudes para inscribirse nas Escolas Municipais de Navegación realizaránse nos modelos normalizados que deberán ir acompañados da siguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou folla do Libro de familia do neno/a inscrito.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

  • Fotocopia do Carné da Fundación de Deportes en vigor.
  • Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S.)
  • Fotocopia do título de familia numerosa

Volver