headerheader-400header-800
Volver

30010 PREMIOS ANUAIS Á/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL TEMPADA 2021/22 OU ANO 2021

Coa finalidade de honrar, premiar y distinguir aos deportistas de noso municipio que en cada unha das modalidades deportivas máis destacaron a longo da tempada 2021/22 ou ano 2021, a Fundación de Servizos Deportivos Municipais do Excmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, convoca os PREMIOS ANUAIS A/AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL 2022. A concesión destes premios estarán supeditados a unhas normas/criterios que deberán cumprir para a súa elección.

A entrega destos premios terá lugar na XXX FESTA LOCAL DEL DEPORTE, que se celebrará o vindeiro 30 de Setembro de 2022, na que ademáis da citada entrega de premios a/ao Millor Deportista Local, ano 2022 farase tamén entrega a/aos finalistas, as Mencións especiais a directivos/as, adestradores/as, institucións/empresas, periodistas/medios de comunicacion,... entre outros.

Para a proposición da candidatura a/ao millor Deportista Local do ano 2022, os interresados/as deberán presentar a solicitude pertinente conforme as normas/criterios establecidos, que unha vez rematado o prazo de presentación, será valorada por el Xurado designado polo Consello Reitor da Fundación de Deportes, que estará composto por persoas coñecedoras do mundo do deporte actuando como presidente o da Fundación de Deportes ou membro da mesma en quen delegue, e como secretaria a da Fundación de Deportes ou empregado municipal do Concello en quen delegue.

Composición do Xurado:

- Presidente da Fundación de Deportes ou membro da mesma en quen delegue

- Presidente del Consello Consultivo ou membro da súa directiva en quen delegue

- Director Deportivo da Fundación de Deportes

- Un/unha membro do Consello Reitor da Fundación de Deportes

- Antón Paz Blanco, como deportista Vilagarciano de Honra

- Un adestrador/a, árbitro ou deportista local en activo

-Un/unha periodista dos Medios de Comunicación do ámbito Deportivo

-Secretaria da Fundación de Deportes ou empregado/a municipal do Concello en quen delegue

-Dous suplentes dos membros do Xurado, electos entre persoas coñecedoras do mundo do deporte

O dictamen do Xurado, así como a composición do mesmo, farase público e se dará a coñecer a través dos medios de comunicación e da sede electrónica do Concello, na Sección Fundación de Deportes

A todos os Clubes/Entidades Deportivas rexistrados na Fundación de Deportes e a ás/aos ciudadáns que a titulo persoal queiran propoñer candidatura.

A través da Sede Electrónica, na dirección  https://sede.vilagarcia.gal , sección da Fundación de Deportes, Catálago de Procedemento 30010
1.- Descargar o modelo de proposición e gardar no ordenador
2.- Cubrir o modelo de porposición
3.- Gardar cubierto o modelo de proposición
4.- Insertar modelo de proposición en "documentos a adxuntar"

5.- Si se quere engadir máis documentos insertar en "documentos a adxuntar"

4.- MODELO DE PROPOSICIÓN

O modelo de proposición á/ao millor Deportista Local, ano 2022 realizaránse nos modelos normalizados colgados na Sede Electrónica, conforme ás normas/criterios establecidos


Volver