01008 Solicitude de inscrición en Rexistro Municipal de Asociacións
Descrición
Dirixido a
Representantes de Asociacións
Como facelo
PRESENCIALMENTE
O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
ELECTRÓNICAMENTE
Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.
Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán adxuntarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves de usuario e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.
Documentación requirida
XUNTO COA SOLICITUDE DEBERÁ ACOMPAÑARSE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:
a) Copia dos Estatutos da asociación.
b) Copia da Resolución de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos.
c) Nome das persoas que ocupen os cargos directivos.