30002 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAORDINARIAS, EXERCICIO 2024
Descrición
Dirixido a
Clubes/Entidades Deportivas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexistro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Que a actividade ou evento extraordinario fora realizado no Concello de Vilagarcía de Arousa, durante o ano 2023, e o seu balance final executado de gastos sexa igual ou superior a 2.000 €.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
Como facelo
ELECTRÓNICAMENTE
A documentación requirida presentaránse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, no formulario normalizado dispoñible na Plataforma de Xestión de Subvencións na dirección https://vilagarcia.cluber.es
Para presentar a citada documentación a de modo telemático será imprescindible, cando menos, que o presidente ou a persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispongan de sinatura electrónica, así como deberán acreditar a súa reprensentación por calquera medio admisible en dereito.
Documentación requirida
Os Clubes/Entidades Deportivas deberán confeccionar toda a documentación requirida a través da Plataforma de Xestión de Subvencións, na dirección https://vilagarcia.cluber.es
Observacións
Pinche aquí enlace Plataforma de Xestión de Actividades na dirección: