headerheader-400header-800
Volver

30002 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAORDINARIAS

Axudas destinadas a Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro de Vilagarcía de Arousa, para financiar, en parte, os gastos correntes estrita e directamente derivados da realización das actividades deportivas extraordinarias a efectos de que estes poidan alcanzar os seu obxectivos.

A traves deste procedemento concederanse subvencións para as actividades deportivas extraordinarias realizadas durante o ano 2020.

Cada Club/Entidade Deportiva poderá realizar unha soa solicitude para o evento deportivo que considere maís importante.

Prazo de presentación: 20 días naturais despoís do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP

Data de inicio: 28 de abril de 2021

Data fin: 17 de maio de 2021

Clubes/Entidades Deportivas con sede social no Municipio de Vilagarcia de Arousa e que figuren inscritos no Rexistro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos do Concello de Vilagarcia de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen animo de lucro e con personalidade xuridica propia.
- Que a actividade ou evento extraordinario fora realizado no Concello de Vilagarcia de Arousa, durante o ano 2020, e o seu balance final executado de gastos sexa igual ou superior a 2.000 €.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

ELECTRONICAMENTE

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrócina a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.

Para presentar a solicitude de xeito telemático sera imprescindible, cando menos, que o presidente ou persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispoñan de sinatura electrónica, así como deberá/n acreditar a súa reprensentación por calquera medio admisible en dereito.

Os Clubes/Entidades Deportivas interesados achegarán coa solicitude a seguinte documentación, que será confeccionada a través da Plataforma de Xestión de Subvencións na dirección https://vilagarcia.cluber.es:

1) SOLICITUDE e Anexo II.- CONTA XUSTIFICATIVA. debidamente cumprimentada

2) Anexo I.- BALANCE DE GASTOS E INGRESOS REALIZADOS e BREVE MEMORIA explicativa da actividade obxecto da subvención solicitada.

3) Anexo III.- RELACIÓN DE FACTURAS polo importe do Balance de gastos presentado (no orde sinalado no mesmo).

4) Cartelería, publicacións, etc... na que conste a colaboración e/ou patrocinio da Fundación de Deportes.

5) Outra documentación que considere deba ser tomada en consideración, en relación co Criterio de Valoración que figura no apartado 13 das bases.

BASES

Outra normativa de referencia:

. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.


Volver