30002 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAORDINARIAS
Descrición
Dirixido a
Clubes/Entidades Deportivas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexistro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Que a actividade ou evento extraordinario fora realizado no Concello de Vilagarcía de Arousa, durante o ano 2022, e o seu balance final executado de gastos sexa igual ou superior a 2.000 €.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
Como facelo
ELECTRONICAMENTE
As solicitudes presentaránse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, no formulario normalizado dispoñible na Plataforma de Xestión de Subvencións na dirección https://vilagarcia.cluber.es
Para presentar a solicitude de xeito telemático sera imprescindible, cando menos, que o presidente ou persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispoñan de sinatura electrónica, así como deberán acreditar a súa reprensentación por calquera medio admisible en dereito.
Documentación requirida
Os Clubes/Entidades Deportivas interesados achegarán coa solicitude a seguinte documentación, que será confeccionada a través da Plataforma de Xestión de Subvencións na dirección https://vilagarcia.cluber.es:
1) SOLICITUDE e Anexo II.- CONTA XUSTIFICATIVA. debidamente cumprimentada.
2) Anexo I.- BALANCE DE GASTOS E INGRESOS REALIZADOS e BREVE MEMORIA explicativa da actividade obxecto da subvención solicitada.
3) Anexo III.- RELACIÓN DE FACTURAS polo importe do Balance de gastos presentado (no orde sinalado no mesmo).
4) Cartelería, publicacións, etc... na que conste a colaboración e/ou patrocinio da Fundación de Deportes.
5) Outra documentación que considere deba ser tomada en consideración, en relación co Criterio de Valoración que figura no apartado 13 das bases.
Observacións
Pinche aquí enlace Plataforma de Xestión de Actividades na dirección: