headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30003 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO

Axudas destinadas a Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro de Vilagarcía de Arousa, para financiar, en parte, os gastos estricta e directamente derivados da realzación das actividades deportivas federadas a efectos de que estes poidan alcanzar os seus obxectivos, dentro das competicións deportivas federadas nas que estean inscritos.

A traves deste procedemento concederanse subvencións destinadas ao fomento do deportes federado, correspondente á tempada 2019/20 ou ano 2020.

Cada Club/Entidade Deportiva que teña concedida subvención, deberá presentar a Conta Xustificativa con toda a documentación requerida nas devanditas bases.

Prazo de presentación: 15 días Naturais, contados a partir do día seguinte da recepción da notificación telemática

Data de inicio: A partir do día seguinte á recepción da notificación telemática

Data fin: Ao 15º día, contado dende o día seguinte da recepción da notificación telemática

Clubes/Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexstro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen animo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Estar Federadas nunha ou varias Modalidades Deportivas
- Desenvolver a súa actividade no Concello de Vilgarcía de Arousa
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias de Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatiblidade para a perceprción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

ELECTRONICAMENTE

A xustificación da subvención concedida presentarase obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Plataforma de Xestión de Subvencións (CLUBER), no enderezo https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.

A confección de toda a documentación realizarase a través da Plataforma de Xestión de Subvencións contratada por esta Fundación de Deportes, para axudar aos Clubes/Entidades Deportivas a correcta presentación da mesma, na dirección https://vilagarcia.cluber.es no que terán a súa disposición a Conta Xustificativa e anexos nos modelos normalizados. Na que obrigatoriamente deberán subir toda a documentación e unha vez validada, xenerará un PDF final en formato oficial, que deberá ser asinado dixitalmente polo representante legal do Club/Entidade Deportiva e, rexistrarse na Sede eléctronica da Fundación de Deportes.

Para presentar a solicitude de xeito telemático será imprescindible, cando menos, que o presidente ou persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispoñan de sinatura electrónica, así como deberá/n acreditar a súa representación por calquera medio admisible en dereitor.

Os Clubes/Entidades Deportivas deberán confeccionar toda a documentación a través da Plataforma de Xestión de Subvencións, na dirección https://vilagarcia.cluber.es, no que terán a súa disposición a documentación que a continuación se relaciona (asinada dixitalmente por o/a representante do mesmo):

1) ANEXO II, CONTA XUSTIFICATIVA.

2) ANEXO III, RELACIÓN DE FACTURAS/GASTOS E INVESTIMENTOS DA ACTIVIDADE PRESENTADOS PARA XUSTIFICAR A SUBVENCIÓN DA FUNDACIÓN DE DEPORTES

3) ANEXO IV, CERTIFICACIÓN DE FACTURAS/GASTOS E INVESTIMENTOS DA ACTIVIDADE PRESENTADAS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

4) FACTURAS/GASTOS E XUSTIFICANTES DE PAGO

Normativa:

BASES

Outra normativa de referencia:

. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.


Volver
Tramitar en liña