headerheader-400header-800
Volver

30004 SOLICITUDE DE ADESTRAMENTOS-COMPETICIONS 2021/22

Conforme o REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVIZOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO EXCMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, aprobado polo Consello Reitor en sesión con data 14 de setembro de 2017, no que no seu Capitulo V: SOLICITUDE DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, artigo 27. SOLICITUDE DE IDM PARA CLUBES OU ENTIDADES DEPORTIVAS E CENTROS EDUCATIVOS, que dí literalmente o seguinte:

"1. Os clubes/ entidades deportivas interesadas en ter reservada durante a tempada deportiva o uso dunha IDM para os seus adestramentos poderá solicitala atendendo á normativa do presente Capítulo, presentando debidamente formalizada a solicitude en modelo oficial.

2. As instancias (modelo oficial) se farán constar os días e horas en que se desexe efectuar a utilización e demais circunstancias que desexen presentarse no Rexistro da Fundación de Deportes.

A traves deste procedemento concederanse os horarios de adestramentos e competicións, para a tempada 2021/22.

Prazo de presentación:

Data de inicio: 16 de xuño do 2021

Data fin: 30 de xuño do 2021

Clubes/Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexstro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen animo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Estar Federados nunha ou varias Modalidades Deportivas
- Desenvolver a súa actividade no Concello de Vilgarcía de Arousa
- Os clubes/entidades deportivas que teñan concedido o uso de IDM da Fundación de Deportes, non poderán facer uso das mesmas se non están ao corrente dos pagos fixados. Así como estar en posesión dos preceptivos Seguros de Accidentes/licenzas federativas e de Responsabilidade civil, para ditas actividades.

ELECTRONICAMENTE

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede Electrónica, no enderezo https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes catálogo de procedemento 30004.

Para presentar a solicitude de xeito telemático será imprescindible, ter certificado dixital de representación do seu Club/Entidade Deportiva, debendo descargar e asinar o/s formularios correspondentes para a súa presentación no rexistro telemático, con sinatura dixital.

Os Clubes/Entidades Deportivas interesados achegarrán coa solicitude a seguinte documentación:

a) Formulario Adestramentos-Competicóns para a tempada 2021/22.

b) Anexo I, Delaración responsable

c) Seguros de Responsabilidade civil (Póliza e xustificante de pago en vigor), para a tempada 2021/22.

d) Seguro de Accidentes/licenzas federativas en vigor (a entregar antes de comenzar os adestramentos)

e) Protocolo de actuación con medidas de seguridade e hixiene

Normativa:

REGULAMENTO DE REXIME INTERNO DA FUNDACIÓN PÚBLICA DE SERVIZOS DEPORTIVOS MUNICIPAIS DO EXCMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, aprobado polo Consello Reitor en sesión con data 14 de setembro de 2017 e publicado no BOP con data 22/11/2017.

Outra normativa de referencia:

. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.


Volver