headerheader-400header-800
Volver

30005 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024/25

A Fundación de Deportes oferta un Programa de Escolas Deportivas Municipais 2024/2025 co obxetivo de facilitar o acceso a práctica deportiva de tódolos nenos e nenas, utilizar a actividade deportiva como medio de educación e saude, desenvolver as direfentes capacidades físicas e coordinativas, potenciar hábitos saudables, socialización, etc a través dun itinerario deportivo en coherencia cas diferentes etapas evolutivas.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024/2025

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PSICOMOTRICIDADE: actividades basadas na Educación Física de Base e o Xogo Motor na primeira infancia, que permiten a formación dos nenos e nenas na súa globalidade a partir do movemento, para posteriormente comezar nas actividades deportivas.

- IDADE: Nenos e nenas nados/as nos anos 2019-2020.

- DÍAS E HORARIOS: do 16 de outubro de 2024 ata o 31 de maio de 2025, 2 sesións por semán de 45 minutos en horario de 16:15 a 17:00 horas, luns e mércores.

- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Recinto Feiral de Fexdega.

- PRAZAS : mínimo 10 máximo 25 por grupo.

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE MULTIDEPORTE: actividades de iniciación deportiva dos diferentes deportes e xogos predeportivos.

- IDADES: Nenos e nenas nados/as nos anos 2016-2017-2018.

- DÍAS E HORARIOS: do 16 de outubro de 2024 ata o 31 de maio de 2025, 2 sesións por semán de 45 minutos en horario de 17:00 a 17:45 horas, luns e mércores.

- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Recinto Feiral de Fexdega.

- PRAZAS : mínimo 10 máximo 25 por grupo

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE BASE: actividades de iniciación deportiva nas diferentes disciplinas deportivas ofertadas, poidendo elexir un máximo de 2 modalidades deportivas.

MODALIDADES DEPORTIVAS OFERTADAS:

  • ATLETISMO
  • BALONCESTO
  • PÁDEL
  • PATINAXE
  • XIMNASIA RÍTMICA

- IDADE: Nenos e nenas nados/as entre os anos 2009 a 2015 (ambos inclusive)

- DÍAS E HORARIOS: dende o 16 de outubro ata o 31 de maio, 2 sesións por semana de 45 minutos ou 1 sesión semanal de 1 hora 45 minutos

- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Sen determinar.

- PRAZAS : mínimo 10 e máximo 25 por grupo

O precio de cada escola será o que establece o Acordo Regulador Nº III.5: Escolas Deportivas 12,00 €.

Exceptuando as seguintes situacions:

- Estarán exentos do pago aqueles solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor.

- Terán a reducción do 100% da tarifa aqueles que teñan ingresos inferiores o importe do IPREM correspondente o ano en curso (600,00 €) calculado pola renta per cápita.

- Tenrán a reducción do 25% as familias numerosas (deben presentar fotocopia do título de esta condición).

              
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PSICOMOTRICIDADE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2019 e 2020.
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE MULTIDEPORTE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2016 a 2018 (ambos inclusive)
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE BASE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2009 a 2015 (ambos inclusive)

A través da Sede Eléctronica, na dirección https://sede. vilagarcia. gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30005.

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou folla do Libro de familia do neno/a inscrito.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

-          Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S.)

-          Fotocopia do título de familia numerosa.


Volver