headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

05001 Informes de accidente

Solicitude para a expedición de informes realizados pola Policía Local como consecuencia dun accidente de circulación, polo que non se instrúen dilixencias xudiciais.

Persoas ou entidades que necesiten un informe polo servizo prestado pola Policía Local por accidente de circulación.

Poden solicitalo as persoas implicadas ou entidades xurídicas que teñan interese no mesmo, debendo acreditalo documentalmente.

As persoas físicas poden presentala solicitude no impreso 05001 “solicitude de informe relativo a accidente de circulación realizado pola Policia local” acompañada do xustificante de pago da taxa, presencialmente ou por rexistro electrónico.

As persoas xurídicas deberán presentar a solicitude no impreso 05001 "solicitude de informe relativo a accidente de circulación realizado pola Policia local" acompañada do xustificante de pago da taxa, por rexistro electrónico.

PRESENCIALMENTE

A solicitude poderá obtela aquí ou nas dependencias da Policía Local, en Praza Ravella nº1 – Baixo.

Unha vez cuberta, deberá presentala no rexistro de entrada do Concello, Praza Ravella nº1, segundo andar, ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Poderá obter a carta de pago nese momento no Departamento de Depositaría, Praza Ravella nº1, terceiro andar.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede presentar o documento de solicitude, debidamente cuberto, xunto coa documentación que sexa necesaria achegar. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dni-e ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarías e rexistros da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

Este informe leva aparellado o pagamento das taxas contempladas no artigo 7 da Ordenanza fiscal II.6.

Pode facer o pago mediante unha transferencia na conta bancaria que o Concello ten habilitado para o pago de taxas, facendo constar no apartado “concepto” a referencia facilitada pola Policía Local.

Horario:

OFICINA DIRECCIÓN

POLICÍA LOCAL Praza Ravella, 1 – Planta baja

Teléfono: 986501582 / 986099200 | ext: 118


Ordenanza fiscal II.6, reguladora da taxa por expedición de informes relativos a accidentes de circulación realizados pola Policía Local.


Volver
Tramitar en liña