headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30006 CARNE FUNDACION DE DEPORTES, ANO 2022

O Carné da Fundación de Deportes dá dereito á utilización de todas as Instalacións Deportivas Municipais a excepción da Piscina Municipal que estará supeditada aos posibles acordos que se poidan aprobar coa empresa que a xestiona e, do Ximnasio de Musculación do CDM Fontecarmoa (conforme Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia). Así mesmo tamén dá dereito a participación nas actividades que organice a Fundación, (Como: Escolas Deportivas Municipais, Ximnasia de Mantemento, Aeróbic, Bádminton, Torneo de Fútbol Praia, etc...).

Para utilizar as Instalacións Deportivas Municipais por parellas ou colectivamente, será necesario que todos os deportistas/usuarios sexan titulares do carné da Fundación de Deportes, en caso contrario, cada un daqueles que non sexa titular do mesmo deberá abonar o prezo que resulte de dividir o prezo por hora da instalación entre o número de persoas que vaian a utilizala.
Prezo Carné Fundación segundo o Tipos:

PERSOAS/USUARIOS (Prezo ano 2022)

(tarifa €uros/tempada)

a)    Familiar    ......................................         60,00 €

b)    Familiar bonificado         …..…….         50,00 €

c)    Individual Sénior .........................         45,00 €

d)    Individual Senior Bonificado      ...       30,00 €

e)    Xóven      .....................................         30,00 €

f)     Menores de Idade          ..............       30,00 €

g)    ≥65 anos ……………………….…        30,00 €

O feito de que o Carné da Fundación se solicite unha vez comezado a ano non dará dereito a reducción de ningunha clase no prezo do mesmo.

A todos usuarios das instalacións deportivas municipais, así como participantes nas actividades organizadas directamente pola Fundación de Deportes
A través da Sede Electrónica, no enderezo   https://sede.vilagarcia.gal , sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30006:
1.- Descargar a solicitude no seu ordenador
2.- cubrir a solicitude
3.- Gardar cuberta a súa solicitude
4.- Insertar solicitude en "documentos a adxuntar"

4.- SOLICITUDES:

As solicitudes do Carné da Fundación de Deportes realizaranse nos modelos normalizados colgados na Sede Electrónica, na que deberá incluir a seguinte documentación:

4.A) SOLICITUDE DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Unha fotocopia do D.N.I. do solicitante.

b)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.

c)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicite, conforme o que establece o apartado 2.A.

d)    Unha fotografía tamaño carné.

2.- A maiores para solicitar carné familiar:

a)    Fotocopia do DNI de cada un dos membros da unidade familiar.

b)    Fotocopia do libro de familia.

c)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos).

d)    Fotografías de cada un dos membros da unidade familiar.

e)    Para parellas de feito: certificado de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito e certificado de convivencia da parella.

4.B) RENOVACÓN DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente

b)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicita (exemplo: fotocopia do carné Xoven)

c)    Carnés Fundación do ano 2021

2.- A maiores para a renovación do carné familiar:

a)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos)


Volver
Tramitar en liña