headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30006 SOLICITUDES DE CARNÉ FUNDACIÓN ANO 2021

O Carné da Fundación de Deportes. ten como obxectivo aumentar o número de Vilagarciáns e deportistas que utilicen as diversas instalacións deportivas municipais, así como a súa participación nas actividades deportivas que organiza a Fundación de Deportes.
O Carné dará dereito á utilización de todas as instalacións Municipais a excepción da Piscina Municipal que estará supeditada aos posibles acordos que se poidan aprobar coa empresa que a xestiona, así mesmo tamén dará dereito a participación nas actividades que organice a Fundación, (Como: Escolas Deportivas Municipais, Ximnasia de Mantemento, Aerobic, Badmintón, Torneo de Futbol Praia, etc...).
Para utilizar as instalacións deportivas por parellas ou colectivamente, será necesario que todos os deportistas/usuarios sexan titulares do carné da Fundación de Deportes, en caso contrario, cada un daqueles que non sexa titular do mesmo deberá abonar o prezo que resulte de dividir o prezo por hora da instalación entre o número de persoas que vaian a utilizala.

O Carné esta estructurado en dúas grandes áreas:

PERSOAS/USUARIOS (Prezo tempada 2019/20)

(tarifa €uros/tempada)

a)    Familiar    ....................................                   60,00 €

b)    Familiar bonificado…..……........                   50,00 €

c)    Individual Sénior ........................                  45,00 €

d)    Individual Senior Bonificado .....                  30,00 €

e)    Xóven .........................................                  30,00 €

f)     Menores de Idade ...................                  30,00 €

g)    ≥65 anos ……………………..…                  30,00 €

A todos os usuarios e/ou deportistas que utilicen as diversas instalacións deportivas municipais, así como a súa participación nas actividades deportivas que organiza a Fundación de Deportes
A través da Sede Electrónica, no enderezo   https://sede.vilagarcia.gal , sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30006
As solicitudes do Carné da Fundación de Deportes realizaranse nos modelos normalizados, que deberá acompañarse da seguinte documentación:

A) SOLICITUDE DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Unha fotocopia do D.N.I. do solicitante.

b)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.

c)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicite, conforme o que establece o apartado 2.A.

d)    Unha fotografía tamaño carné.

2.- A maiores para solicitar carné familiar:

a)    Fotocopia do DNI de cada un dos membros da unidade familiar.

b)    Fotocopia do libro de familia.

c)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos).

d)    Fotografías de cada un dos membros da unidade familiar.

e)    Para parellas de feito: certificado de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito e certificado de convivencia da parella.

4.B) RENOVACÓN DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:

1.- Con carácter xeral:

a)    Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente

b)    Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicita (exemplo: fotocopia do carné Xoven)

c)    Carnés Fundación da tempada 2018/19

2.- A maiores para a renovación do carné familiar:

a)    Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos)


Volver
Tramitar en liña