Sede Electrónica | Concello de Vilagarcía de ArousaSede Electrónica | Concello de Vilagarcía de ArousaSede Electrónica | Concello de Vilagarcía de Arousa
Volver
Rexistro electrónico

01007 Comunicación de dirección de correo electrónico para avisos de notificacións electrónicas emitidas polo Concello

A través deste procedemento tanto as persoas físicas como as xurídicas poderán comunicar un ou varios enderezos electrónicos para o envío dun aviso de todas notificacións que emita o Concello. Deste modo, no momento en que o Concello emita unha notificación enviaráselle un aviso ao enderezo de correo señalado con fin de por no seu coñecemento a existencia de dita comunicación e as indicacións para acceder ao contido da mesma.

De coformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas xurídicas e demais suxeitos establecidos no artigo 14.2 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) están obrigados a relacionarse coa administración a través de medios electrónicos para realización de calquera trámite e a recibir as notificacións por esta canle.

Asimismo, para o caso das persoas físicas, mediante este procedemento poden solicitar ao Concello que as notificacións sucesivas se lle practiquen unicamente por medios electrónicos. En todo caso as persoas físicas poderán cambiar en calquera momento a forma elixida para recibir as notificacións debendo comunicalo previamente.

Persoas xurídicas e suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de octubre, (entidades sin personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistadores da propiedade e mercantís) e persoas físicas que queiran comunicar un enderezo de correo electrónico para recibir os avisos das notificacións que emita o Concello asi como persoas físicas que soliciten ser notificados electronicamente polo Concello con carácter xeral en todos procedementos nos que teña condición de interesados.

PRESENCIALMENTE

O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRONICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán achegarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves  de usuario e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.

Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Volver
Rexistro electrónico