Sede Electrónica | Concello de Vilagarcía de ArousaSede Electrónica | Concello de Vilagarcía de ArousaSede Electrónica | Concello de Vilagarcía de Arousa
Volver
Rexistro electrónico

02001 Solicitude de outorgamento de licenzas urbanísticas e comunicacións previas de obras

Tramitación para o outorgamento de licenzas urbanísticas e comunicación previa de obras para a execución dos seguintes actos e usos do solo:

- actos de edificación e uso do solo ou do subsolo

- demolicións

- muros

Persoas ou entidades que vaian a executar algún deses actos ou usos do solo relacionados dentro do termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

As persoas físicas poderán presentalo:

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro

ELECTRÓNICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionales sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedad e mercantís) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.

En todo caso:

  • 02 solicitude xenérica, 01 solicitude obra menor
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)
  • Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa que corresponda
  • Documentación acreditativa da referencia catastral

No caso de obra maior:

  • Proxecto técnico asinado por técnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente
  • Oficio de dirección de obra/dirección da execución/coordinación de seguridade e saúde a nome de persoal técnico competente
  • Estudo de seguridade ou Saúde ou Estudo Básico de Seguridade e Saúde, redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional
  • Cuestionario de estatística das edificacións
  • En edificacións colectivas, presentarase Proxecto de Infraestrutura  Común de Telecomunicacións, asinado por técnico competente e co visado colexial correspondente
  • Nos casos de ampliación ou modificacións, copia da licenza de obras anterior
  • No caso de existir edificacións na situación que se pretende para as obras novas, deberá solicitarse, previa ou simultaneamente, a derruba destas, se é preciso
  • Documentación acreditativa da titularidade e extensión da finca

No caso de obra menor:

  • Esbozo das obras a executar
  • Fotografías do estado actual do inmoble
  • Plano de situación e localización do inmoble no que se solicita a obra
  • Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar

OBRA MENOR: obras e instalacións de técnica simple e escasa entidade construtiva e económica que non supoñan a alteración do volume, do uso, das instalacións e dos servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, a cimentación, a estrutra ou as condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de toda clase.

EN NINGÚN CASO se considerarán menores:

- as intervencións en edificios catalogados,

- os muros de contención,

- os grandes movementos de terra

OBRA MAIOR: as restantes obras e instalacións non incluídas na definición de Menores

Requirirán sempre de Proxecto Técnico.

VISADO COLEXIAL segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 1000/2010.

De NON ser preciso visado colexial: declaración responsable do suxeito técnico redactor do proxecto na que se incorporen os seus datos persoais e profesionais que permitan acreditar a identidade e habilitación do autor/a do traballo e a non concorrencia de causa de incompatibilidade ou a súa inhabilitación segundo o modelo recollido no anexo I da Ordenanza municipal reguladora, ou ben certificado do colexio oficial correspondente.


Horario:

De  luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (8:30 a 14:00 horas) dende xuño a setembro.

Oficinas de tramitación

OFICINA

ENDEREZO

Xerencia de Urbanismo   


Praza Ravella, 1 – Cuarto andar

TELF: 986099200 ext: 541


  • Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia
  • Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana
  • Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Volver
Rexistro electrónico