headerheader-400header-800
Volver

XIX Premio pola Igualdade na Escola

A Área de Igualdade-CIM convoca para o presente curso 2024-2025 a décimo novena edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA.
O obxecto desta convocatoria é premiar e dar visibilidade ás boas prácticas educativas nas que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, da igualdade de trato e da non discriminación.
En total serán tres premios destinados á mellor práctica dentro de cada categoría:
Categoría Infantil e Primaria: 700 euros
Categoría Secundaria e Bacharelato: 700 euros
Categoría Ciclos Formativos, Ensinanzas de Réxime Especial ou Obradoiros de Emprego: 700 euros
Para participar na convocatoria, as bases están dispoñibles neste apartado e na web do concello, no apartado formularios de solicitude na área de igualdade. Para formalizar a presentación, deberá achegarse, xunto co modelo 01001 de Solicitude Xenérica debidamente cuberto, a seguinte documentación completa. O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2025.

Data de publicación: 27/01/2025

Categoría: IGUALDADE

Remitido por: IGUALDADE

  1. Descargar
  2. Descargar
  3. Descargar
  4. Descargar
  5. Descargar