headerheader-400header-800
Volver

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CURSO 2022/2023. PRAZO DE SOLICITUDES DE RENOVACION E NOVO INGRESO

Ábrese o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Vilagarcía de Arousa para o curso 2022/2023:
- renovación de praza: dende o 1 ata o 14 de marzo de 2022, incluído.
- solicitudes de novo ingreso: dende o 15 de marzo ata o 1 de abril de 2022, ambos incluídos
As persoas interesadas deberán presentar a través do Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica sede.vilagarcia.gal o modelo de formulario normalizado (03003) xunto coa documentación sinalada no mesmo.
Os formularios están dispoñibles na sede electrónica sede.vilagarcia.gal, nas dependencias da Escola Infantil Municipal e nas dependencias do Centro de Servizos Sociais.

Data de publicación: 02/03/2022

Categoría: Servizos Sociais

Remitido por: SERVIZOS SOCIAIS

Non se atopan adxuntos.