A Oficina Virtual Tributaria (OVT) é a sub-sede electrónica tributaria do Concello de Vilagarcía de Arousa. A través da mesma poderá realizar trámites on-line de xestión tributaria e recadación do Concello.
Información xeral sobre a Oficina Virtual Tributaria (OVT):
1. A identificación dos contribuíntes na OVT se realizará mediante o sistema Cl@ve das administracións públicas, só nos trámites onde sexa necesario.
2. A través da Oficina Virtual Tributaria se irán habilitando nas vindeiras datas os seguintes trámites telemáticos:
- Pago de recibos, obter documentos de pagamento, consultar recibos pendentes e pagados etc.
- Solicitar plan personalizado de pagamento, solicitar fraccionamento de pago en período voluntario y executivo.
- Consultar o detalle do recibo cargado na conta bancaria, situación dos embargos, parcelas que inclúe o recibo de rústica etc.
- Consultar domiciliacións, bens, taxas, notificacións, expedientes etc.
- Presentar solicitudes, recursos, documentación etc.
- Vehículos: Identificación do conductor nunha sanción, autoliquidación do IVTM nun coche novo etc.
- ETC.