Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2004 . Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.
Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 1.0 ) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do Consorcio World Wide Web ( W3C ).
O Concello ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco mediante o seguinte formulario de contacto . Realizaremos as melloras necesarias coa maior brevidade posible.
Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios. /test.html
Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.
Dependendo do navegador que utilice, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.
Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través do propio navegador, no menú "Ver", opción "Tamaño do texto", pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.
A accesibilidade das páxinas deste sitio web revísanse previamente á súa publicación.
Data da última revisión: 04/05/2017