A sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa é o enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns, a través das redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde ao Concello de Vilagarcía de Arousa no exercicio das súas competencias. A través da sede, os cidadáns poden acceder á información, aos servizos e aos trámites electrónicos da Administración municipal.
A titularidade da sede electrónica corresponde ao Concello de Vilagarcía de Arousa, que será o responsable de garantir a integridade, veracidade e actualización da información dos servizos aos que se pode acceder a través da sede electrónica.