headerheader-400header-800

Fundación de Deportes

Image result for fundación de Deportes Vilagarcía

A Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais ou máis sinxelamente, Fundación de Deportes, encárgase da xestión dos servicios deportivos do Concello. A Fundación é a responsable da utilización das instalacións deportivas municipais e da organización de actividades deportivas dirixidas tanto á cidadanía en xeral como a sectores moi determinados da mesma.

Na Fundación de Deportes están representados os órganos de goberno do municipio, os grupos políticos da Corporación e as entidades deportivas da vila, co obxecto de que na toma de decisións sobre cuestións que afectan ó deporte estén presentes tanto os deportistas afeccionados (a través dos seus representantes políticos) coma os federados (por medio dos clubs).

Dirección: Recinto Fexdega, Finca A Maroma, 36600 – Vilagarcía de Arousa

Teléfono 986 56 68 98

Correo electrónico: Administración: fdeportes@vilagarcia.es   Actividades: fdactividades@vilagarcia.es

Horario público: De Luns a Venres, de 8,30 a 14,30 horas