headerheader-400header-800

Sistemas de sinatura admitidos

Para poder consultar información particular dun cidadán e poder actuar electrónicamente é necesario autenticarse por algún dos seguintes métodos:

  • Sistemas de sinatura electrónica incorporados ao Documento Nacional de Identidade, para persoas físicas.
  • Sistemas de sinatura electrónica avanzada, incluíndo os baseados en certificado electrónico recoñecido, admitidos polas Administracións Públicas.
  • Outros sistemas de sinatura electrónica, coma a utilización de claves concertadas nun rexistro previo como usuario, a achega de información coñecida por ambas partes ou outros sistemas non criptográficos, nos termos e condicións que en cada caso se determinen.

Esta Sede utiliza, para a validación de certificados, a plataforma @firma do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública. Esta admite certificados dixitais recoñecidos conforme o estándar ITU-T X.509 v3, emitidos por múltiples prestadores de servizos de certificación. Todos os prestadores atópanse inscritos no rexistro de autoridades da Secretaria de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade de Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, conforme ao establecido no artigo 30 da Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica.

Certificados admitidos:

  • DNIe: Ministerio do interior
  • FNMT - RCM: Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda
  • CATCERT: Axencia Catalá de Certificación
  • ACCV: Autoridade Certificadora da Generalitat Valenciana
  • IZENPE: Izenpe S.A., empresa de certificación e servizos
  • CAMERFIRMA: Autoridade de certificación das Cámaras de Comercio Españolas.

NOTA: Estes certificados serán admitidos sempre que a súa verificación por parte da Administración sexa libre e non supoña custe á mesma e a súa validación sexa posible a través da plataforma @firma.