headerheader-400header-800
Volver

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL-Apertura de prazo de solicitudes de praza para o curso 2024/2025

Ábrese o prazo para a solicitude de praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2024/2025:
-renovación de praza: do 1 ao 15 de marzo de 2024
-novas solicitudes de praza: do 20 de marzo ao 15 de abril de 2024
As persoas interesadas poden descargar e cubrir o formulario 03003 na sede electrónica do Concello sede.vilagarcia.gal no apartado "formularios de solicitude". Unha vez cuberta a solicitude e o anexo I, deben presentala xunto coa documentación indicada a través da sede electrónica ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Para mais información deben consultar o Anexo II- documento informativo de solicitude de praza e Anexo III-normas marco de funcionamento.

Data de publicación: 28/02/2024

Categoría: Servizos Sociais

Remitido por: SERVIZOS SOCIAIS

  1. Descargar
  2. Descargar
  3. Descargar