headerheader-400header-800
Volver

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL- SOLICITUDES CURSO 2020-2021

Apertura do prazo de presentación de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal (cód. proc. 03001):
Renovación de praza: do 10 de marzo ata o o 23 de marzo de 2020, ambos incluídos. Os nenos e nenas matriculados en horario de tarde só poderán reservar praza nese mesmo horario. No caso de que soliciten praza en horario de mañá terán que presentar solicitude de novo ingreso e ser novamente baremada.
Novo ingreso: do 24 de marzo ao 23 de abril de 2020.
As solicitudes poderán recollerse na Escola Infantil Municipal, nos Servizos Sociais, no portal municipal www.vilagarcia.gal ou na sede electrónica sede.vilagarcia.gal.
A solicitude xunto coa documentación requerida deberá presentarse dentro dos prazos establecidos no Rexistro Xeral do Concello ou na sede.vilagarcia.gal

Data de publicación: 09/03/2020

Categoría: Servizos Sociais

Remitido por: SERVIZOS SOCIAIS

Non se atopan adxuntos.