A Deputación de Pontevedra, promove unha nova edición desta convocatoria de subvencións que ten como finalidade apoiar a posta en marcha de iniciativas colectivas xuvenís e proxectos realizados e ideados en grupo durante o ano 2026.
Está destinado ás asociación xuvenís prestadoras de servizos dirixidos á mocidade (sen ánimo de lucro) e aos grupos formados por un mínimo de tres e un máximo de oito persoas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
A dotación destinada a esta convocatoria é de cento vinte mil euros (120.000,00 €), sendo o importe máximo subvencionable por cada iniciativa de cinco mil euros (5.000,00 €).
Son gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e se correspondan con actividades desenvolvidas do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2026.
O prazo para a presentación de solicitudes comenzará o 16 de febreiro e rematará o 13 de marzo de 2026 (https://sede.depo.gal/).
De acordó co establecido na base décimo terceira, para acceder ás axudas deberanse obter, como mínimo, 50 puntos na avaliación dos proxectos.
O pagamento da subvención realizarase tras a xustificación da execución completa da actividade subvencionada.
Poderá poñerse en contacto co Servizo de Xuventude e Reto Demográfico a través do correo electrónico xuventudereto@depo.es.
A información sobre a convocatoria está dispoñible en www.depo.gal.