headerheader-400header-800
Volver

MODO VERÁN ACTIVO: ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE DE 9 A 30 ANOS

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é  un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema  Modo verán activo, a Campaña de Verán de 2026 da Xunta de Galicia   oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
  • Campamentos en Galicia.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.
Serán, en total,  11.932 prazas, o que supón a maior oferta da historia  destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade,  as mozas e mozos galegos con discapacidade  poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de  campamentos específicos para persoas con discapacidade.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
Acción de verán | Dirección Xeral de Xuventude

Data de publicación: 16/04/2026

Categoría: Xuventude

Remitido por: XUVENTUDE

  1. Descargar