07004 Solicitude axudas munipais a proxectos de actuacións preventivas e/ou obra forestal destinadas á prevención e defensa contra incendios e protección de montes
Descrición
Dirixido a
Poderán acollerse a estas axudas as comunidades de montes veciñais en man común (en adiante, CMVMC), tanto as que formen parte dunha Mancomunidade de CMVMC como as que non pertenzan a ningunha, que sexan propietarias de parcelas de monte no termo municipal do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Nos supostos de actuación mediante representante, consonte establece o art. 5 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación ostentada mediante documento público ou calquera outro medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna do seu outorgamento ou mediante comparecencia persoal.
Como facelo
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra.
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo de solicitude que estará dispoñibles para a súa cumprimentación e descarga no catálogo de procedementos da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal), presentaranse por vía telemática en cumprimento do disposto no artigo 14.2 e 3 da lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Código de procedemento:Medio ambiente 07004
Documentación requirida
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo de solicitude que estará dispoñibles para a súa cumprimentación e descarga no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal), presentaranse por vía telemática en cumprimento do disposto no artigo 14.2 e 3 da lei 39/2015 de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:
•Memoria xustificativa do proxecto que se queira subvencionar
•NIF da entidade
•Anexo I- Balance de ingresos e gastos previstos da actividade
•De ser caso, certificado que acredita a pertenza da CMVMC a unha Mancomunidade de MVMCcon enderezo social en Vilagarcía