headerheader-400header-800
Volver

Información sobre a Oficina de Asistencia á Sede Electrónica

Información sobre a Oficina de Asistencia á Sede Electrónica

Descrición

O Concello de Vilagarcía de Arousa conta dende o 18 de maio de 2017 cun rexistro electrónico xeral, onde as persoas que conten con certificado electrónico, poden presentar telematicamente as solicitudes que dirixan ao Concello, sen necesidade de acudir presencialmente, a través da URL sede.vilagarcia.gal,

Quen non teña o certificado electrónico, pode solicitar na segunda planta do Concello a asignación dun usuario e contrasinal, que lle será emitido nese mesmo momento, e a partir de aí xa poderán presentar telematicamente as solicitudes que dirixan ao Concello.

A sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) tamén conta cun servizo de gran utilidade, como obter de un modo inmediato un volante de empadroamento, que acredita ás persoas que viven nun enderezo, e que se utiliza para numerosos trámites administrativos (matrícula colexios, dni, campamentos, xefatura de tráfico, etc.)

A sede electrónica (sede.vilagarcia.gal) dispón tamén de apartados de acceso público e directo sen necesidade de contrasinal, onde se facilitan datos sobre transparencia municipal, organización municipal, etc.

Neste momento xa foron presentadas solicitudes a través do rexistro telemático que están sendo tramitadas. Tamén hai numerosas persoas que, aínda sen contar con certificado electrónico, solicitaron a asignación de usuario e contrasinal para poder utilizar este novo servizo co que conta o Concello.

E dicir, todos/as os/as cidadáns/ás poden utilizar a sede electrónica, tanto os/as que contén con certificado electrónico ou non, neste último caso só deben solicitar no Concello a asignación  de usuario e contrasinal.

O Concello dispón así mesmo dunha oficina de asistencia á Sede Electrónica, situada na Avda. de Matosinhos, Nº1, onde poderá acudir calquera persoa que queira iniciarse no manexo destas novas ferramentas informáticas.

Teléfono da oficina de asistencia: 986 511 621

Instrucións acceso SEDE ELECTRÓNICA



Volver