Vendedores, hostalerios e artesáńs, que desexen ofertar para a venda os seus produtos relacionados co Nadal
Como facelo
As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía a través dos medios telemáticos habilitados no portal web https://sede.vilagarcia.gal (procedemento/formulario de solicitude: 50005) ou a través do Rexistro oficial de calquera outra administración, neste último caso o solicitante deberá comunicar, na mesma data na que presente a súa solicitude mediante correo electrónico remitido á dirección tle@vilagarcia.gal, a presentación da devandita solicitude.
As soliciitudes poderán achegarse ata as 23:59 horas do día 12 de decembro de 2023,
dSó poderá presentarse unha solicitude por cada interesado o que dará opción a un único posto de venda, sen que sexa posible usar a persoas físicas ou xurídicas interpostas para optar a máis dun posto.
No caso de que se solicite máis dun posto, só se atenderá á primeira solicitude que conste no rexistro municipal, desestimándose o resto de solicitudes achegadas.
a) Formulario de solicitude debidamente cuberto e asinado
b) Fotocopia do DNI/CIF/NIE. No caso de persoas xurídicas, deberá achegar ademais a copia dos seus estatutos e a acreditación da representación da persoa que formula a solicitude.
c) Memoria declarativa dos produtos obxecto da venda na que se detalle a orixe dos produtos e procedemento de elaboración no caso de produtos artesanais, tamén achegarase soporte gráfico dos produtos obxecto de venda.