headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30007 SOLICITUDE INSCRICIÓN 3º CURSO DE ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS PARA ADULTOS 2022/23

A Fundación de Deportes do Exmo.Concello de Vilagarcía de Arousa, oferta dous programas de actividades físico deportivas para adultos:
1º PROGRAMA ACTIVO MAIORMENTE: Dirixido a adultos maiores de 65 anos, que ten como obxetivo principal o mantemento da condición física, o mantemento dos aspectos cognitivos sensibles de alterarse ao longo do proceso de envellecemento, potenciar a relación e comunicación entre as persoas maiores e en xeral o mantemento da autonomía durante o maior tempo posible. Este programa consta cos servizos deportivos como a Ximnasia Funcional, e a prescrición de exercicio físico de maneira individualizada, control e asesoramento dun programa de actividade física adaptado ás particularidades da idade.
Actividade dirixida do Programa Activomaiormente 2022-23: XIMNASIA FUNCIONAL
Días e horarios: INDICADOS NA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS DE ADULTOS 2022-23.
Grupos: Mínimo 10 máximo 25.
2º PROGRAMA VILAGARCÍA EN FORMA: Programa de actividades de acondicionamento físico e deportivo, así como actividades de movemento intelixente como poden ser Pilates ou Ioga. Dirixido a poboación adulta ata os 65 anos. Poderán elexir ata un máximo de 2 actividades dirixidas ofertada:
- XIMNASIA DE MANTEMENTO
- XIMNASIA ACUÁTICA
- PILATES
- IOGA
- AEROBIC
- FUNCIONAL TRAINING
- ESTIRAMENTOS E RELAXACIÓN
Días e horarios: INDICADOS NA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES FÍSICO DEPORTIVAS DE ADULTOS 2022-23.
Grupos: Mínimo 10 máximo 25.

O prezo da actividade é o que establece o Acordo Regulador Nº III.5, que será de 18,00 € exceptuando as seguintes situacións:

-   Estarán exentos do pago aquelas persoas solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor (ano 2023).

-    Terán a reducción do 50% da tarifa aquelas persoas solicitantes que teñan ingresos familiares (unidad familiar) inferiores ao importe do IPREM correspondiente ao ano en curso (600,00€) calculado pola renta percápita.

As actividades do Programa Activo MAIORmente 2022-23, dirixidas a persoas maiores de 65 anos

As actividades do Programa Vilagarcia ENFORMA 2022-23, dirixidas á población adulta ata os 65 anos

A través da Sede Eléctronica, na dirección https://sede. vilagarcia.gal na sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30007.

As solicitudes para inscribirse, realizaranse no modelo normalizado que deberá ir acompañado da seguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI da persoa inscrita (soamente aquelas persoas que non a entragaran na solicitude de inscrición do primeiro curso)

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

c) Anexo II: Cuestionario Par-q (soamente aquelas persoas que non a entragaran na solicitude de inscrición do primeiro curso)

II. PARA BONIFICACIÓN DO PRECIO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se atopa a persoa solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

b) Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, certificados do INEM e S.S.)


Volver
Tramitar en liña