headerheader-400header-800
Volver

01002 Solicitude de alta no Padrón de Habitantes

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños e veciñas dun municipio. Os datos contidos no padrón constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo.

Toda persoa que resida en España ten a obriga de empadroarse no municipio onde resida habitualmente.

PRESENCIALMENTE

Deberá cumprimentar o formulario correspondente  e presentalo na oficina do rexistro xeral do Concello.

Rexistro Xeral

Enderezo: Praza de Ravella, 1 CP 36600

Tel: 986 099 200

Fax: 986 501 109

Horario:

De  luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Horario de verán (8:30 a 14:00 horas) dende xuño a setembro

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Oficinas de tramitación

OFICINA

ENDEREZO

Secretaria – Sección Padrón de habitantes   

Plaza Ravella, 1 – Segundo andar

TELF: 986099200 ext: 334

Figura no formulario correspondente

As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:

Para acceder aos contidos públicos:

- Directamente sen identificarse

Para acceder á parte privada que contén información persoal pódense usar calquera destas dúas modalidades indistintamente:

- Identificándose mediante o  sistema cl@ve (certificados electrónicos, dni-e, cl@ve PIN, cl@ve permanente, etc. )

- Identificándose con usuario e contrasinal.

De acordo co artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo as persoas xurídicas (ou quen as represente), as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para as que se requira colexiación obrigatoria así como os notarios e rexistradores da propiedade mercantís.

. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

. Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.


Volver