Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecemento comercial, profesional ou industrial.
As persoas físicas poderán presentalo:
PRESENCIALMENTE
A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:
Rexistro Xeral
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro
ELECTRÓNICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedad e mercantís) únicamente poden comunicalo electrónicamente, mediante este procedemento.
O comunicante declarará baixo a súa responsabilidade:
A Comunicación Previa presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico do particular que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta á Administración Pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela
O presente modelo SÓ é válido para o caso de que non se teña que executar acto urbanístico ningún no local, isto é, nin obra maior nin menor
Oficinas de tramitación
Horario:
Luns, martes e xoves de 8:30 a 14:00 horas.
Horario de verán: luns, martes e xoves (8:30 a 13:30 horas) dende xuño a setembro.
OFICINA |
ENDEREZO |
Departamento de actividades clasificadas e inocuas
|
Praza Ravella, 1 – primeiro andar
TELF: 986099200 ext: 219 actividades@vilagarcia.gal |