headerheader-400header-800
Volver

30011 ESCOLAS DE NAVEGACIÓN MUNICIPAIS 2023

A Fundación de Deportes oferta para o período estival as Escolas Municipais de Navegación, verán 2023 co obxetivo de facilitar o acceso a práctica deportiva de tódolos nenos e nenas, aproveitando a localización xeográfica do Concello de Vilagarcía de Arousa para o desenvolvemento dos deportes náuticos, como medio de educación e saúde, desenvolver as direfentes capacidades físicas e coordinativas, potenciar hábitos saudables e a socialización. A condición necesaria para o acceso as escolas de navegación é saber nadar.

As modalidades das Escola Municipais de Navegación son:

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE REMO

-      IDADE: nenos e nenas nados/as entre os anos 2007 e 2015 (ambos inclusive)

-      DÍAS E HORARIOS: dende o 3 de xullo ao 25 de agosto, luns, martes, mércores e xoves en horario de 11:00 a 13:00 horas

-      INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Praia do Preguntoiro nº7, Club de Remo Vilaxoán.

-      PRAZAS: 30 prazas

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE VELA

-      IDADE: nenos e nenas nados/as entre os anos 2007 e 2015 (ambos inclusive)

-      DÍAS E HORARIOS: dende o 3 ao 7 de xullo 5 sesións semanais cunha duración de 3 horas/sesión. Horario de mañá de 10:30 a 13:30 horas ou horario de tarde de 16:00 a 19:00 horas.

-      INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Centro Galego de Vela.

-      PRAZAS: 80 prazas, 40 prazas en horario de maña e 40 en horario de tarde.

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE PIRAGUISMO

-      IDADE: nenos e nenas nados/as entre os anos 2007 e 2015 (ambos inclusive)

-      DÍAS E HORARIOS: dende o 3 de xullo ao 25 de agosto, venres e sábado ( horario sen determinar en función das composición de grupos e dispoñibilidade de embarcación).

-      INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Peirao Deportivo de Vilagarcía de Arousa.

-      PRAZAS: 30 prazas

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE SALVAMENTO

-      IDADE: nenos e nenas nados/as entre os anos 2007 e 2015 (ambos inclusive)

-      DÍAS E HORARIOS: dende o 3 ao 27 de xullo, martes e xoves en horario de 11:30 a 12:30 horas.

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Praia do Preguntoiro, Vilaxoán.

PRAZAS: 30 prazas

O prezo de cada Escola Municpal de Navegación será o que establece o Acordo Regulador Nº III.5: Escolas Deportivas 12,00 €.

Exceptuando as seguintes situacións:

- Estarán exentos do pago aqueles solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor.

- Terán a reducción do 100% da tarifa aqueles que teñan ingresos inferiores o importe do IPREM correspondente o ano en curso (600,00€) calculado pola renta per cápita.

- Tenrán a reducción do 25% as familias numerosas (deben presentar fotocopia do título de esta condición).

Nenos e nenas nados/as entre os anos 2007 e 2015 (ambos inclusive)
Do 1 ao 26 de xuño de 2023 a través da Sede Electrónica, no enderezo https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, catálogo de Procedementos Escolas Municipais de Navegación, catálogo 30011

A solicitude para inscribirse nas diferentes Escolas Municipais de Navegación  realizaranse nos modelos normalizados acompañados da seguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou  folla do Libro de familia do neno/nena inscrito/a.

b) Resgardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

b)Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S)

c)Fotocopia do título de familia numerosa


Volver