headerheader-400header-800
Volver

30019 SOLICITUDE INSCRICIÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN PARA ADULTOS 2024

A Fundación de Deportes do Exmo.Concello de Vilagarcía de Arousa, oferta dous programas de actividades físico deportivas para adultos durante a tempada estival:

1º PROGRAMA ACTIVO MAIORMENTE, VERÁN 2024: Dirixido a adultos maiores de 65 anos, ten como obxectivo principal o mantemento da condición física, o mantemento dos aspectos cognitivos sensibles de alterarse ao longo do proceso de envellecemento, potenciar a relación e comunicación entre as persoas maiores e en xeral o mantemento da autonomía durante o maior tempo posible. Este programa consta cos servizos deportivos como a Ximnasia Funcional e o asesoramento dun programa de actividade física adaptado ás particularidades da idade.

-      Actividade: Ximnasia funcional

-      Días: Martes e xoves

-      Horarios: 09:00 a 09:45; 10:00 a 10:45 e 11:00 a 11:45horas

-      Instalación: Pavillón Deportivo Municipal de Castelao

-      Grupos: Mínimo 10 máximo 30

2º PROGRAMA VILAGARCÍA EN FORMA, VERÁN 2024: Dirixido a adultos menores de 65, con bo grao de mobilidade, ten como obxectivo a mellora da condición física xeral, o benestar psíquico e da saúde en xeral. O Programa divídese en 8 bloques de distintas avtividades dirixidas, como poden sen ximnasia de mantemento, camiñadas saudables, adestramento en circuíto, Ioga, Pilates ou Deportes alternativos etc.

-      Actividade: Acondicionamento físico

-      Días: Luns e mércores

-      Horarios: 09:00 a 09:45; 10:00 a 10:45 horas

Instalación: Pavillón Deportivo Municipal de Castelao.

Grupos: Mínimo 10 máximo 30

- M O prezo das actividades, establecido polo Acordo Regulador Nº III.5, será de 18,00 € exceptuando as seguintes situacións:

-      Estarán exentos do pago aquelas persoas solicitantes que estean en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor (ano 2024)

-      Terán a redución do 50% da tarifa aquelas persoas solicitantes que teñan ingresos familiares (unidade familiar) inferiores ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso (600,00€) calculado pola renda percápita.

PROGRAMA ACTIVO-MAIORMENTE: A adultos maiores de 65 anos.

PROGRAMA VILAGARCÍA ENFORMA: A adultos, en idades comprendidas entre os 18 aos 65 anos, con bo grao de mobilidade.

CERRADO O CATÁLOGO DADO QUE SE CUBRIRON TODAS AS PRAZAS.

As solicitudes para inscribirse nas diferentes actividades físico-deportivas para adultos verán 2024, realizaranse no modelo normalizado que deberá ir acompañado da seguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI da persoa rexistrada (soamente aquelas persoas que non o entregaron na solicitude de inscrición do primeiro curso)
b) Anexo II: Cuestionario Par-q (soamente aquelas persoas que non o entregaron na solicitude de inscrición do primeiro curso)

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO:

a) Xustificante acreditativo da situación na que se atopa a persoa solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo
b) Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (por exemplo: nóminas, certificados do INEM e S.S.)


Volver