A todos usuarios das instalacións deportivas municipais, así como participantes nas actividades organizadas directamente pola Fundación de Deportes
A través da Sede Electrónica, no enderezo
https://sede.vilagarcia.gal
, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30006:
1.- Descargar a solicitude no seu ordenador
2.- cubrir a solicitude
3.- Gardar cuberta a súa solicitude
4.- Insertar solicitude e documentación requerida en "documentos a adxuntar"
4.- SOLICITUDES:
As solicitudes do Carné da Fundación de Deportes realizaranse nos modelos normalizados colgados na Sede Electrónica, na que deberá incluir a seguinte documentación:
4.A) SOLICITUDE DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:
1.- Con carácter xeral:
a) Unha fotocopia do D.N.I. do solicitante.
b) Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.
c) Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicite, conforme o que establece o apartado 2.A.
2.- A maiores para solicitar carné familiar:
a) Fotocopia do DNI de cada un dos membros da unidade familiar.
b) Fotocopia do libro de familia.
c) Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos).
d) Para parellas de feito: certificado de inscrición no rexistro municipal de parellas de feito e certificado de convivencia da parella.
4.B) RENOVACÓN DE CARNÉ DA FUNDACIÓN DE DEPORTES:
1.- Con carácter xeral:
a) Resguardo xustificativo do pago do prezo público correspondente
b) Xustificante acreditativo da situación en que se atopa o solicitante en función da clase de carné que solicita (exemplo: fotocopia do carné Xoven)
2.- A maiores para a renovación do carné familiar:
a) Documento que xustifique a dependencia económica dos fillos respecto aos pais (cando os fillos teñan mais de 18 anos)