headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

50002 Programa de axudas municipais para á contratación por conta allea

O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións no exercicio 2026, para o fomento e mantemento do emprego por conta allea, de:

-  Persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no SPEG, empadroadas no municipio de Vilagarcía na data de presentación da solicitude, contratadas a tempo completo mediante contratos indefinidos formalizados entre o 1 de outubro de 2025 e 30 de setembro de 2026.

A XGL poderá acordar o outorgamento da subvención para contratacións a tempo parcial no caso de que, pola natureza da actividade da empresa, a xornada de traballo sexa inferior á legalmente establecida para ser considerada “a tempo completo”

Poderán ser obxecto de subvención un máximo de dúas contratacións por empresa.

A limitación no número de contratacións a subvencionar non se aplicará no caso de que á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes quedara remanente na aplicación orzamentaria. Neste caso, as empresas terán dereito á percibir subvención polos contratos que excedan o devandito límite,  na contía que resulte da aplicación do baremo de puntuación, sempre que formalizaran a solicitude no prazo xeral establecido nestas bases. A distribución do citado remanente levarase a cabo por rigoroso rexistro de entrada da solicitude de axuda.

  1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas, que formalicen, para prestar servizos nas mesmas, contratos por conta allea con traballadores e traballadoras desempregados nos termos indicados na Base Primeira, nas que non concorran, en xeral, as circunstancias excluíntes sinaladas na Lei 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia e na Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das presentes bases reguladoras. Presentaranse tantas solicitudes como contratos para os que se solicita subvención.

As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, presentadas segundo modelo normalizado (Anexo I), presentaranse TELEMÁTICAMENTE nos termos que establece a lei 39/2015 de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo común das Administracións Públicas a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa (sede.vilagarcia.gal) Código de procedemento 50002_ Programa de axudas á contratación por conta allea.

A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se o/a interesado/a presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicar a referencia do expediente e departamento responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número do expediente, se dispón del.

Cando a solicitude non reúna os requisitos esixidos, ou falte algún documento que resulte esixible, requirirase á/ás persoa/as interesada/as para que no prazo de dez días resolva/n a falla ou achegue/n os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non se fixese, desistirase da súa solicitude, arquivándose a/s mesma/s, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Toda a documentación deberá presentarse TELEMÁTICAMENTE debendo constar nos documentos que así o requiran, a sinatura dixital do interesado

Todos os trámites administrativos que os/as interesados deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados por vía telemática accedendo á carpeta de interesado/expediente dispoñible na sede electrónica do concello.

Prazo de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de outubro de 2026 ou ata esgotar o orzamento, e contarase a partir do día seguinte á data de publicación do EXTRACTO das presentes bases no BOPPO.

As solicitudes dirixiranse á Concellería de Promoción Económica debendo ir acompañadas da seguinte documentación:

1.     Anexo I. Solicitude en modelo normalizado.

2.     Certificación de titularidade da conta bancaria que consta na solicitude de subvención

3.     De actuar por medio de representante, documento que acredite a representación nos termos do artigo 5 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

4.     Certificado  de IAE da empresa

5.     NIF/DNI da empresa/empresario/a individual solicitante da axuda e, no seu caso, copia do contrato/escritura de constitución da empresa debidamente inscrita no Rexistro Mercantil

6.     Certificados de que a empresa  solicitante esta ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda e a AEAT (Axencia Estatal de Administración Tributaria)

7.     Vida laboral da empresa expedida pola TGSS (dos CCC existentes) relativa aos 6 meses anteriores á contratación.

8.     Documento/s acreditativos da antigüidade da empresa e do  número de traballadores da mesma

9.     Copia do contrato de traballo e comunicación á oficina do SPEG correspondente da contratación obxecto de solicitude de subvención, con constancia expresa da situación do centro de traballo nas comarcas Salnés/Caldas ou de ser o caso, no Concello de Vilagarcía.

10.  DNI/NIF do/s  traballador/as contratado/as

11.  Certificado de empadroamento do traballador/a contratado.

12.  Vida laboral do traballador/a contratado/a

13.  Certificación de períodos de inscrición como demandante de emprego do traballador/a contratado/a

  1. Nos casos de atoparse nas situacións da Base terceira, Apartado Primeiro e segundo a situación que se pretenda acreditar:

Punto1.-Certificado ou diploma acreditativo da formación comprensivo dos contidos da mesma e indicación, en caso necesario, da relación coa ocupación.

Punto 2.- Acreditación mediante vida laboral de empresa e traballador respectivamente.

Puntos 3 e 5.- DNI dos traballadores/as contratados/as

Punto 4.- Resolución vixente da acreditación da discapacidade e do seu grao.

Punto 6.- Mediante orde de protección a favor da vítima, resolución xudicial, auto ou sentenza que acredite tal situación ou fixe medidas de protección, e excepcionalmente, mediante informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a demandante é vítima de violencia de xénero, ata tanto se dite a orde de protección.

Punto 7.- Acreditación mediante vida laboral do traballador

  1. No caso de atoparse nas situacións da Base terceira, Apartado Segundo : Documentación acreditativa de que a empresa ten Centro de Traballo no Concello de Vilagarcía de Arousa


Volver
Tramitar en liña