Poderán participar no concurso, todos os establecementos comerciais do Concello de Vilagarcía de Arousa (comercio retallista, restauración, hostalaría, vendedores da praza de abastos, etc.) que o soliciten formalmente a través sede Electrónica do Concello antes da data límite establecida nas presentes bases.
Como facelo
A inscrición para participar, formalizarase mediante solicitude (instancia xenérica- formulario de solicitude 01001) a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), debidamente cumprimentadas e asinadas, dende o día seguinte á publicación das presentes bases ata o 2 de decembro de
2022.
Documentación requirida
Xunto coa solicitude de inscrición, presentaraseun certificado de conta bancaria.
Os establecementos participantes deberán presentar a través da Sede Electrónica do Concello(sede.vilagarcia.gal) un máximo de dúas fotografías (en formato pdf) do escaparate, nas que sexa visible o distintivo de participación, indicando o establecemento comercial ao que pertencen as fotografías e o seu enderezo. A data tope para entregar as fotografías será o 3 de decembro.