PRESENCIALMENTE
Deberá cumprimentar o formulario correspondente e presentalo na oficina do rexistro xeral do Concello.
Rexistro Xeral (segundo andar)
Enderezo: Praza de Ravella, 1 CP 36600
Tel: 986 099 200
Fax: 986 501 109
ELECTRÓNICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o formulario de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dnie ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico"
Horario:
De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
Horario de verán (8:30 a 14:00 horas) dende xuño a setembro.
Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
Oficinas de tramitación
OFICINA |
ENDEREZO |
Secretaria – Sección Padrón de habitantes |
Praza Ravella, 1 – Segundo andar TELF: 986099200 ext: 334 |
As modalidades de acceso á sede electrónica do Concello son:
Para acceder aos contidos públicos:
- Directamente sen identificarse
Para acceder á parte privada que contén información persoal pódense usar calquera destas dúas modalidades indistintamente:
- Identificándose mediante o sistema cl@ve (certificados electrónicos, dni-e, cl@ve PIN, cl@ve permanente, etc. )
- Identificándose con usuario e contrasinal.
De acordo co artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo as persoas xurídicas (ou quen as represente), as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para as que se requira colexiación obrigatoria así como os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
. Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.
. Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais.