headerheader-400header-800
Volver

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DOS "CAMPAMENTOS A LANZADA" PARA ESTE VERÁN.

Ofértanse un total de 1.540 prazas destinadas a nenas e nenos da provincia de Pontevedra nados entre 2013 e 2018, das cales:
  • 1.330 prazas adxudicaranse polo procedemento
  • 210 prazas adxudicaranse polo procedemento específico, que se reservarán para menores en situación ou en risco de exclusión social, das cales:
-175 son para os concellos.
-25, para menores do Centro Príncipe Felipe.
-10, para menores en situación de tutela e garda administrativa doutros centros da provincia.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de marzo e rematará o 20 de marzo de 2026.O programa desenvolverase entre o 21 de xuño e o 5 de setembro, en once quendas, cada unha de sete días de duración. A entrada será o domingo pola tarde, de 16 a 18 horas, e a saída, o seguinte sábado pola mañá, de 10 a 12 horas.
A Deputación ofertará un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza, e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna.
Cada grupo visitará a illa de Ons e fará unha segunda excursión relacionada coa natureza e co coidado do medio. Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial do programa.

Data de publicación: 23/02/2026

Categoría: Xuventude

Remitido por: XUVENTUDE

  1. Descargar